O COLGANTE DOS MORTOS Cadro: Antro de fósiles Estábase volvendo tolo ao mirar todos os ósos humanos esparexidos polo chan. Pasada a sorpresa inicial, empezou a buscar o colgante que o levara ata alí e polo cal morrera toda aquela xente. Álvaro Poi (3 Eso) FESTA EN FERROL Cadro: Verbena 1927 Empezaba a noite, e todos os mozos estaban na praza do pobo escoitando a música e pasándoo ben. Entre eles encontrábase unha mozo chamada Mariña e outra chamada Marta. Escoitáronse uns berros e de súpeto… Carme Aira (3 Eso) OURO Cadro: Oro E alí estaba, o demo que me consumía , que me mataba lentamente, ao que se lle vían os cornos na sombra; agochados pero visibles , e que me dicían : -Queres un pouco? Elisa Pardo (3 Eso) CEMITERIO Cadro: Antro de fósiles, 1931. Os cadáveres amontoábanse en moreas. Había algún que outro animaliño correndo entre as cinzas. Os demais xa estaban enterrando aos seus seres queridos, pensando que todo xa acabara. O que non sabían era que o peor estaba por chegar. Iolanda Fernández (3º ESO) A soidade do vento Cadro: O espantallo de 1929 Estaba alí, el só sen ninguén con quen falar, sen ninguén con quen estar, pasaba así os días só acompañado polo vento ata que un día alí estaba esa persoa polo que esperara tanto tempo…. Iván Carballo (3º ESO) A COROA Cadro: Rácimo Aquela marea de xente que se xuntaba alí aturullada naquela vila, tendo medo por seren devorados,mentres que arriba estaban os ¨grandes¨ e os que non teñen medo a seren comidos por esa diferenza pola que se marca a sociedade... Miguel Ángel Mon (3 Eso) DECISIÓN Cadro: Española con abanico!! El díxolle: ofertas coma a que che estou propoñendo non as atopas todos os días. Non sexas parva, pensa nos teus soños e no teu futuro. Entón dixo: “ Decidido, alá vou” Noelia López Poi (3º ESO) APIÑOCADOS Cadro: Racimo Era noite en medio dun casino. Uns terroristas entraron e empezaron a reunir moita xente ata que todos estiveran apiñocados. A xente empezaba a quedarse de cor morada do medo que tiñan xa que quedaran pechados cunha bomba no medio. Pablo Deiros (3 Eso) NUNCA XAMAIS Cadro: Muller con cabra E alí volvía a pasar coa cabra coma cada día, fronte a miña xanela, unha muller de longos cabelos escuros e de gran estatura pola que me sentía atraída . Nunca xamais a volvín a ver. Samara Poi (3º Eso) RECOLLEITA DE TRIGO Cadro: Canto das espigas 1939 Cara a onda vai ese tolo?-pregunteille a meu irmán cando vimos pasar a Manolo, o noso veciño, con toda a súa familia a toda velocidade coa máquina de segar e de repente apareceulle na estrada unha… Xavier Álvarez (3º Eso) O MEDO El espantapájaros, 1929 Despois de dúas horas agochado saímos á rúa e vimos o terrible estado no que deixaron o poboado, como un terrible incendio que non se dá apagado, pero isto non fora cousa de lume, foi outra cousa moito peor. Diego Méndez Gerbolés Noite movida Cadro: Almotrón-Xeounauta,1975 Unha noite estaba soñando cunha estatua xigante pero ó mesmo tempo era moi fea, parecía inofensiva. Tiña catro brazos e medía uns 2 metros de alto, pero ó fixarme ben vinlle sangue e unha cabeza dun home esperteime e alí estaba. Diego Rodríguez Sánchez A cidade pantasma cadro : muller con cabra Todo aquela mañá era raro, ata o aire era raro, entrei naquela cidade ó amencer.Era aterrador, as casas cheas de tearañas , as rúas baleiras ata que de pronto aquela sombra estaba alí,mirándome fixamente. Un escalofrío percorreume o corpo e de pronto… Ignacio Díaz López A soidade do vento O espantallo de 1929 Estaba alí, el só sen ninguén con quen falar, sen ninguén con quen estar, pasaba así os días só acompañado polo vento ata que un día alí estaba esa persoa polo que esperara tanto tempo…. Iván Carballo Daza (3 Eso) O criminal Autorretrato de Eugenio. Cando o barco chegou ao porto o crime xa estaba feito, xa non había volta atrás, xa non valía arrepentirse. Mentres o tempo que a ese criminal lle quedaba, esgotábase por completo, el non facía nada máis que escribir. Johana Rodríguez Santín VOLTA NA BICI POLA BEIRA DA PRAIA CADRO: CICLISTA 1927 Maruxa Mallo ía coa súa bici recén estreada dando unha volta pola praia en bañador vermello, e parando para observar todo o que por alí pasaba...pero de repente viu un… Jose Antonio Fernández Pérez |
0 Comments
Leave a Reply. |
TALLER DE CREACIÓN LITERARIA DO IES DE BECERREÁCreado para o alumnado do noso Instituto que queira subir á nosa REBOLA e coma a CURUXA, crear un bonito sonido nocturno escribindo o que lle guste.. Arquivos
June 2018
Categorías |