CURUXAS NA REBOLA. Creamos na nosa lingua.
  • Blog
  • About

                                                 MICRORRELATOS

2/20/2015

0 Comments

 
No segundo taller literario que organizamos o protagonista foi o microrrelato. Esta é a denominación máis usada para un conxunto de obras diversas que teñen como principal característica a brevidade do seu contido. Definido como “un exercicio literario de exquisita pureza, no que o xenuinamente literario brilla con luz propia ao non haber ao seu redor un mar de palabras que o difuminen”. Pois estes son os magníficos MICRORRELATOS que lograron as rapazas que de novo participaron no taller de creación literaria “Curuxas na Rebola”. Gozádeos.
Imagen
PAULA ÁLVAREZ (2º ESO) [3 textos]


SEGURA DE SI MESMA

Finalmente entrou pola porta daquel vehículo, deixando atrás todo o que quería, pero moi segura de si mesma.

 ACOITELADA

Alá a deixaron, co coitelo entalado no peito e todas as portas do edificio abertas.

COMO ESTÁ AGORA

Cando paseaba, vina alí, a persoa que máis quixera, agochada diante dun restaurante pedindo comida. Cando me acerquei dixo:
- 
Agora estou soa, moi soa, Pola mesma razón pola que ti me deixaches.

 
BLANCA GEGUNDE FERNÁNDEZ (2º ESO)

 
Por fin saíu e viu o mundo real, sen que ninguén lle dixera que facer ou pensar, por fin viu un mundo libre.

 
CARLOTA YEPES (2º ESO)

E aí estaba. Por fin o viu despois de tantos anos buscando.

CAROLINA DÍAZ BECERRA (2º ESO)

Entramos todos na festa, eu agardaba non velo e así foi, por sorte pero esa noite coñecín outro, a Daniel. Empecei a quedar con el e empezamos a saír. Xusto unha semana despois de que comezáramos a saír, empezou a vir á miña casa, pero ese día, volveu...


0 Comments

Estes son os textos presentados por alumando  de 1º da ESO ao concurso literario que organiza a asociación cultural “A Pipa de Becerreá” no Nadal. O poema de Diego foi galardoado co 1º Premio en categoría infantil. Parabéns para todos.

2/4/2015

0 Comments

 
Novas Curuxas na Rebola.
Imagen
                       DIEGO MÉNDEZ GERBOLÉS  (1º ESO) 
                                                                     A miña terra 

Os máis garbosos cumes
que son vistos ao amencer.
A pita do monte sedutora é oída cantaruxeando e
a néboa perseguindo a auga do río.
A choiva fresca da noite,
coma bágoas perdidas
sobre a alfombra verde dos pastos.
A xélida brisa mece os
sementados.
Baixo este paraíso azul outro día
saturado con recordos agradables
da miña infancia aquí vivida.
Hoxe na miña adolescencia,
eu pareime para reflectir ...
Que sorte a miña de respirar nesta miña terra!

 

                        MIGUEL ÁNGEL MON PARDO (1ºESO)

                                                     A MIÑA TERRA

Galiza, Galiza…
canta xente te cobiza,
cobizan os  teus mares,
cobizan os teus  montes,
cobizan as túas rías,
cobizan a túa xeografía.

Cobizan os manxares
que saen dos teus mares,
cobizan a verdura
que sae da túa frescura,
cobizan a túa arte
feita de pedra e de sangue.

Terra de xente honesta,
terra de xente hospitalaria,
terra de boas persoas
que ofrecen pan a quen pasa.

Es bonita e fermosa,
es traballadora e honrada,
séntome moi orgulloso
de nacer nas túas entrañas.
 

             SAMARA RODRÍGUEZ POY (1º ESO)

                                             Mañanciñas de Nadal

Cantan os meniños panxoliñas,
choran as árbores as folerpas,
vense as chemineas afumar,
polas mañanciñas de Nadal.

Non se escoitan os biosbardos,
nin aos paxaros ao cantar.
Soamente vexo o Sol,
ao amencer polo Nadal.

Din que ven o Apalpador,
din que palpa aos meniños,
din que deixa agasallos,
para os mais pequeniños.

Sonche lendas do Nadal,
sonche historias que contar,
sonche festas e gandainas,
para todo o Nadal.


               IOLANDA FERNÁNDEZ PIN (1º ESO)

                                                        UN SOÑO CUMPRIDO

Este conto non é coma os de sempre. Non empeza con había unha vez. É moi singular e trata sobre unha nena chamada Paula que tiña un soño, o de poder cantar pero resultaba que era muda e só se podía comunicar a través dos signos.

Ela intentaba falar pero non o conseguía. Un día atopouse cun neno chamado Antón que tamén era mudo e comunicándose a través dos signos fóronse coñecendo. Tiñan moitas cousas en común como, os mesmos ollos, a mesma estatura..., pero o máis raro era que se parecían moito e apelidábanse igual. Despois de mirar e revisar as fichas de nacemento descubriron que eran irmáns e que había tres máis que seguramente tamén eran mudos. Chamábanse Xulia, Cristina e Román. O soño de Paula de cantar cambiou polo de atopar os seus irmáns. Ao pasaren uns días descubriron onde vivían os seus irmáns: Xulia vivía en Veiga, nunha pequena aldea do concello de Becerreá, nos Ancares, pero Cristina e Román vivían en Londres. Ao coñeceren a Xulia que tamén era muda, tiña gafas e era moi alta, decidiron facer un grupo de música para gañar diñeiro e así poder ir a Londres.

Paula era a cantante muda, xa que tiñan unha idea para que fora unha boa cantante e que se lle entendera o que interpretaba. A idea era que o público fora mudo e así Paula podía “cantar” e os demais podían tocar un instrumento. A idea era boísima! Formaron o grupo no que facían as súas propias cancións sobre a soidade que provoca ser mudo.

Primeiro comezaron a actuar en festas locais de mudos ata que chegaron á meta, que, ademais de poder chegar a ser famosos, podían ir por fin a Londres e buscar os seus irmáns.

A busca durou unhas semanas ata que, por casualidade se atoparon pola rúa. O encontro foi moi emotivo. E o caso é que eles tamén eran mudos.

Despois duns cantos meses decidiron retomar o grupo os cinco irmáns chamado “Un  soño cumprido”. Ao final foron  tan famosos coma a Torre de Londres.


 

 

0 Comments
    Paragraph. Haz clic aquí para editar.
    Imagen

    TALLER DE CREACIÓN LITERARIA DO IES DE BECERREÁ

    Creado para o alumnado do noso Instituto que queira subir á nosa REBOLA e coma a CURUXA, crear un bonito sonido nocturno escribindo o que lle guste..

    Arquivos

    June 2018
    May 2017
    May 2016
    April 2015
    February 2015
    December 2014
    October 2014

    Categorías

    All

    RSS Feed

Powered by Create your own unique website with customizable templates.