Vídeo creado por Ainhoa Fernández Castro (4º ESO)
0 Comments
AGORA SOÑO COMO OS ANCARES FORON UNHA ILLA
Antía Álvarez García Era unha noite coma outra calquera, unha desas noites de outono nas que despois de cear apetece quedarse preto do lume a ler un anaco antes de ir a cama. Logo de avanzar 8 páxinas no libro e despedirme dos meus pais decidín deitarme, xa que fora un día longo e esgotador. Sempre soñaba con percorrer o mundo e non deixar nin un só país onde non puxera os pés, visitar todos os monumentos posibles aprendendo algo novo en cada cidade para contar ó chegar a casa. Esa noite foi distinto. Soñaba que se levantaba un forte vento que movía as nosas casas e os meus queridos montes do seu lugar e os trasladaba a un lugar completamente distinto, a un lugar onde as árbores e as grandes plantas non tiñan espazo porque só había auga e area. A xente voaba sorprendida xunto coas casas. Era como levantar un cromo da súa casiña no álbum e trasladalo a outra casiña totalmente diferente. Sen estragalo e sen rompelo, todo xunto polo aire. Cando espertei dinme conta de que non estaba soñando, estabamos a trasladarnos a un lugar rodeado de auga e deixando atrás os nosos montes e o noso verde. Non daba crédito, nin eu nin ninguén, do que estaba pasando. Sen levantarme da cama movíame no espazo. Lembro ós meus pais como berraban dicindo “non lles chega con quitarnos recursos e con discriminarnos que por enriba temos que movernos da nosa aldea”. Moitas veces oín que a pouca xente a ilusiona a idea de vivir nas aldeas ou nunha comarca como é a dos Ancares e que cada vez quedamos menos persoas habitando estes sitios porque a falta de emprego e de establecementos provoca que nos mudemos as cidades. Moita xente prefire vivir alí onde o único que hai é unha contaminación coa que case me choran os ollos e onde non hai nin un só produto natural co que alimentarse. Pero non son quen de entender porque nos tivemos que mover polo aire a un lugar rodeado de auga onde penso que nós, xa que o meu pai vivía da agricultura, non vai ter os recursos suficientes para sobrevivir. Igual queren a nosa aldea para facer unha mina de carbón e sacar pedras ou os montes para plantar eucaliptos e construír edificios máis interesantes cás nosas vivendas. Tras ese cambio tremendo que nos desorientou totalmente e unha vez asentados nun lugar completamente diferente e cunha natureza e un ecosistema que nin por asomo se parecían ó que nos habitamos durante toda a nosa vida, pensamos que era necesario saber que íamos facer agora aquí. Meu pai dixo que trataría de buscar algún traballo como guía turístico ou algo semellante para prestar axuda ás persoas que visitan a illa por motivos de traballo ou coa idea de coñecer as especies de plantas e animais que habitan este lugar. Nunca fun de contos de princesas ou súper heroes. Antes de durmir miña nai cóntame moitas historias de lugares e de como se vive neles. Lembro ter escoitado que as illas son uns lugares dos que ninguén se acorda máis que para visitar co obxectivo de facer fotografías ou explorar. Non hai escolas nin hospitais. A mamá non está contenta porque precisa acudir a eles cada pouco tempo para que esa enfermidade que ten non acabe coa súa vida. Descoñezo de que enfermidade se trata, xa que supostamente é o mellor para min e todo vai estar ben. Iso me di meu pai todos os días. Fago un grande esforzo para adaptarme a unha vida rodeada de auga e todo o relacionado con ela, onde só vexo un horizonte azul, botándolle moita imaxinación e onde o único que escoito é o ruído do mar, máis forte cando o vento provoca que as ondas cheguen case ata a fiestra do meu cuarto onde eu paso os días pensando en que pasar o tempo. Unha das cousas que me preocupa agora mesmo neste novo lugar é facer amigos. Boto en falta os meus de verdade, incluso os da cidade que me preguntaban seguido como me podía gustar tanto, como eles dicían, “el bosque”. Eu sempre utilicei a palabra monte, non porque soe mellor e sexa máis bonita, se non porque define perfectamente ese conxunto de árbores e animais dos que eu vivía namorada e non me cansaba de visitar. Sempre recordo a frase que miña avoa me dicía practicamente todos os días, “todo é acostumarse” pero eu non acabo de encaixar aquí. Estaba acostumada a ir a escola, coidar a miña nai e axudarlle a meu pai coas súas tarefas. O único que podo facer aquí é ler libros e máis libros, os que por sorte voaron comigo. O cambio non influíu moito na miña nai, xa que a pobre ten que estar todo o día dentro da casa ou na cama, por causa desa enfermidade que non acabo de coñecer. Igual que antes soñaba con recorrer o mundo e vivir novas experiencias, agora soño con volver a miña comarca. Gustaríame volver a ver as árbores que me viron medrar e os animaliños que escoitaba cantar ao pasear despois de facer as tarefas da escola. No momento no que espertei esa noite e vin que o que soñaba era realidade, sabía que a idea de abandonar o lugar onde nacín non me ía ilusionar en absoluto todo o contrario. Non é que non me guste a auga, pero gustábame máis a das fontes e a dos regatos que saían da nada no medio dos prados ou dos camiños. Tampouco me desgusta o clima que temos aquí, pero sigo a preferir as xeadas pola mañá cedo e ese aire suave do escurecer. Gústame sentir silencio, paz e tranquilidade pero por nada cambio o son do cuco ou da curuxa polas noites. Boto en falta os montes que tanta vida me daban e onde tan a gusto me sentía. Máis que unha natureza incomparable que me facía sentir libre, para min era un lugar onde os soños se podían facer realidade e onde estaba a salvo de calquera perigo por moito que me gustase a idea de viaxar. Eses montes e esa comarca eran o meu fogar e sempre quererei volver a eles. O RANCHIÑO ESCURRIDIZO de Arturo Díaz Becerrea e Ainhoa Fernández Castro Lulu, era un pequeno ranchiño, que vivía na granxa onde veu ao mundo. Moitos dos animais que vivían alí, falábanlle doutros lugares, lugares moi fermosos nos que as granxas eran grandes, a comida abundante e variada e había outras moitas cousas marabillosas. Lulu, aínda que estaba contento alí, sempre sentiu como se algo o chamase fóra daquel lugar. O dono da granxa, Xamón, non os coidaba todo o ben que era de esperar xa que a maioría do tempo pasábao arranxando e poñendo a punto o seu Jhon Deere, un tractor de cor verde e amarelo co que traballaba as súas terras. Para el era o máis importante da granxa, todo xiraba entorno o John Deere: lavábao, encerábao, engrosábao... sempre a punto para que non tivera ningún fallo. Xamón era vexetariano pese ao seu nome, só comía froitas e verdura que el mesmo cultivaba nas súas terras coa axuda do seu querido tractor. Non era como os outros vexetarianos que non comen nada de carne por non matar os animais, senón que sentía repulsión cara estes alimentos tamén polos animais dos que procede. Contaba a súa nai que dende pequeno cuspía o xamón cocido que foi o primeiro contacto que tivo coa carne. Morder, ulir, ou só tocar un pequeno anaco, facíalle vomitar e marearse, isto non quería dicir que fora un mal granxeiro, nin moito menos, o problema era esa repulsión que seria a que sentía cara á carne e Lulu e os demais notábano pero tiñan medo ao descoñecido, non entendían a falta de coidados do granxeiro e como se esmeraba e deixaba tanto tempo ao seu Jhon Deere. Así pasaban os días, e mesmo os seus veciños non entendían o que Xamón facía e como descoidaba aos seus animais. Lulu que sempre nos seus pensamentos soñaba cunha vida mellor e con descubrir novos lugares, comezou a pensar como podían escapar de alí: o mellor momento era durante a noite cando todo está tranquilo e o tractor gardado no garaxe e non aparcado na porta de saída para impedir que fuxiran. Só tiña que esperar un despiste do granxeiro coa fechadura. Pasaron uns días e por coidar o seu tractor, non se recordou de pechar a porta da granxa. Lulu esperou a que non houbera ningunha luz acesa. E esquecendo os seus medos saíu correndo do lugar onde non se sentía coidado nin querido, pensando en vivir novas e mellores aventuras. A DESEXADA LIBERDADE
Marco Pérez Fernández Érase unha vez, nunha afastada e pouco habitada aldea, vivía un vexetariano amargado, solitario e egoísta que case non se relacionaba con ninguén. A pouca relación que tiña era co seu tractor, un John Deere ancián cansado de ser utilizado e maltratado case diariamente polo seu dono, o vexetariano malvado, ou así era como o chamaban na aldea, pola mala fama que tiña. O vexetariano vivía nunha casa pouco coidada, xa que o único que lle interesaba era dispoñer dunha gran horta na que plantar todo tipo de froitas e verduras para alimentarse. O vexetariano malvado detestaba todo tipo de animais porque pensaba que eran tóxicos e transmitían enfermidades. Todos os días, o vexetariano dedicábase a traballar na horta e escravizar o seu John Deere para que el tamén traballase. Empregábao todos e todos os días a pesar do esgotamento e enfermidade que tiña o pobre tractor, que se queixaba día tras día ao seu dono pero nunca obtiña resposta, só burlas e humillacións. O John Deere soñaba coa súa liberdade e con que alguén lle dera o seu merecido ao vexetariano malvado.O John Deere o único salvamento que tiña eran as conversas co seu mellor amigo, o porquiño aventureiro, con quen botaba as poucas horas libres que tiña. O John Deere desafogábase co seu mellor amigo e contáballe todas as calamidades que lle facía pasar o seu dono malvado (nin sequera se molestaba en pasarlle a ITV, nin facerlle o mantemento, dáballe pouco combustible, non lle cambiaba as rodas, etc.) Un día o porquiño, como era tan aventureiro, non lle gustaban as inxustizas e estaba cansado de ver ao seu mellor amigo esgotado, quixo levar a cabo a vinganza: un día pola noite, cando o malvado vexetariano estaba aínda durmindo, entroulle na horta e fozoulle todas cantas verduras alí había. Ademais disto colocoulle trampas en toda a horta, para que así caese nos buratos e non conseguise saír. Cando por fin espertou o vexetariano, ao John Deere esperábao outro día máis de sufrimento; sobre todo despois de que o seu dono vise a horta completamente fozada e sen verduras. O malvado vexetariano, enfurecido camiñando pola horta, caeu nunha das trampas feitas polo porquiño e cando por fin conseguiu saír, maltratou aínda máis ao pobre tractor obrigándoo a arrincar todas as árbores da aldea para poder plantar el os seus alimentos. O porquiño aventureiro, inimigo das inxustizas, decidiu continuar coa súa vinganza e acabar por fin co malvado vexetariano. Coa axuda de todos os animais da aldea, esnaquizáronlle aínda máis a horta e a casa, para que deixase dunha vez en paz ao seu mellor amigo. Entre todos os animais conseguiron manter encerrado para sempre ao vexetariano malvado nunha casa abandonada. Así puideron todos axudarlle a escapar ao Jonh Deere, quen por fin cumpriu o seu único soño: conseguir a liberdade. O John Deere, agora tamén aventureiro, e máis o seu amigo o porquiño aventureiro, viviron felices o resto da vida viaxando polo mundo enteiro.
Veño de aquí, para alá vou,
e todo sen mirar atrás, ouuuuuh. Iván Carballo O meu corazón palpita coma unha pataca frita. Pablo Deiros Quen queira rifar comigo, que veña que lle vou dar leña. Iolanda Fernández Eu por ti mataría, eu por ti cazaría. Xavier Gallardo Veño das termas e vou para ximnasia toda a xente me mira a maxia. Laura González Ai! cadeas de amar, cando habedes de quebrar? Diego Méndez Eu son Miguel e como mel. Miguel A. Mon Alguén por unha ponte se tirou pero unha persoa a salvou. Álvaro Poi Son de santiago e vou para Cruzul, para poder coñecer ao meu amigo Raúl. Samara Rodríguez No segundo taller literario que organizamos o protagonista foi o microrrelato. Esta é a denominación máis usada para un conxunto de obras diversas que teñen como principal característica a brevidade do seu contido. Definido como “un exercicio literario de exquisita pureza, no que o xenuinamente literario brilla con luz propia ao non haber ao seu redor un mar de palabras que o difuminen”. Pois estes son os magníficos MICRORRELATOS que lograron as rapazas que de novo participaron no taller de creación literaria “Curuxas na Rebola”. Gozádeos. PAULA ÁLVAREZ (2º ESO) [3 textos]
SEGURA DE SI MESMA Finalmente entrou pola porta daquel vehículo, deixando atrás todo o que quería, pero moi segura de si mesma. ACOITELADA Alá a deixaron, co coitelo entalado no peito e todas as portas do edificio abertas. COMO ESTÁ AGORA Cando paseaba, vina alí, a persoa que máis quixera, agochada diante dun restaurante pedindo comida. Cando me acerquei dixo: - Agora estou soa, moi soa, Pola mesma razón pola que ti me deixaches. BLANCA GEGUNDE FERNÁNDEZ (2º ESO) Por fin saíu e viu o mundo real, sen que ninguén lle dixera que facer ou pensar, por fin viu un mundo libre. CARLOTA YEPES (2º ESO) E aí estaba. Por fin o viu despois de tantos anos buscando. CAROLINA DÍAZ BECERRA (2º ESO) Entramos todos na festa, eu agardaba non velo e así foi, por sorte pero esa noite coñecín outro, a Daniel. Empecei a quedar con el e empezamos a saír. Xusto unha semana despois de que comezáramos a saír, empezou a vir á miña casa, pero ese día, volveu... Novas Curuxas na Rebola. DIEGO MÉNDEZ GERBOLÉS (1º ESO)
A miña terra Os máis garbosos cumes que son vistos ao amencer. A pita do monte sedutora é oída cantaruxeando e a néboa perseguindo a auga do río. A choiva fresca da noite, coma bágoas perdidas sobre a alfombra verde dos pastos. A xélida brisa mece os sementados. Baixo este paraíso azul outro día saturado con recordos agradables da miña infancia aquí vivida. Hoxe na miña adolescencia, eu pareime para reflectir ... Que sorte a miña de respirar nesta miña terra! MIGUEL ÁNGEL MON PARDO (1ºESO) A MIÑA TERRA Galiza, Galiza… canta xente te cobiza, cobizan os teus mares, cobizan os teus montes, cobizan as túas rías, cobizan a túa xeografía. Cobizan os manxares que saen dos teus mares, cobizan a verdura que sae da túa frescura, cobizan a túa arte feita de pedra e de sangue. Terra de xente honesta, terra de xente hospitalaria, terra de boas persoas que ofrecen pan a quen pasa. Es bonita e fermosa, es traballadora e honrada, séntome moi orgulloso de nacer nas túas entrañas. SAMARA RODRÍGUEZ POY (1º ESO) Mañanciñas de Nadal Cantan os meniños panxoliñas, choran as árbores as folerpas, vense as chemineas afumar, polas mañanciñas de Nadal. Non se escoitan os biosbardos, nin aos paxaros ao cantar. Soamente vexo o Sol, ao amencer polo Nadal. Din que ven o Apalpador, din que palpa aos meniños, din que deixa agasallos, para os mais pequeniños. Sonche lendas do Nadal, sonche historias que contar, sonche festas e gandainas, para todo o Nadal. IOLANDA FERNÁNDEZ PIN (1º ESO) UN SOÑO CUMPRIDO Este conto non é coma os de sempre. Non empeza con había unha vez. É moi singular e trata sobre unha nena chamada Paula que tiña un soño, o de poder cantar pero resultaba que era muda e só se podía comunicar a través dos signos. Ela intentaba falar pero non o conseguía. Un día atopouse cun neno chamado Antón que tamén era mudo e comunicándose a través dos signos fóronse coñecendo. Tiñan moitas cousas en común como, os mesmos ollos, a mesma estatura..., pero o máis raro era que se parecían moito e apelidábanse igual. Despois de mirar e revisar as fichas de nacemento descubriron que eran irmáns e que había tres máis que seguramente tamén eran mudos. Chamábanse Xulia, Cristina e Román. O soño de Paula de cantar cambiou polo de atopar os seus irmáns. Ao pasaren uns días descubriron onde vivían os seus irmáns: Xulia vivía en Veiga, nunha pequena aldea do concello de Becerreá, nos Ancares, pero Cristina e Román vivían en Londres. Ao coñeceren a Xulia que tamén era muda, tiña gafas e era moi alta, decidiron facer un grupo de música para gañar diñeiro e así poder ir a Londres. Paula era a cantante muda, xa que tiñan unha idea para que fora unha boa cantante e que se lle entendera o que interpretaba. A idea era que o público fora mudo e así Paula podía “cantar” e os demais podían tocar un instrumento. A idea era boísima! Formaron o grupo no que facían as súas propias cancións sobre a soidade que provoca ser mudo. Primeiro comezaron a actuar en festas locais de mudos ata que chegaron á meta, que, ademais de poder chegar a ser famosos, podían ir por fin a Londres e buscar os seus irmáns. A busca durou unhas semanas ata que, por casualidade se atoparon pola rúa. O encontro foi moi emotivo. E o caso é que eles tamén eran mudos. Despois duns cantos meses decidiron retomar o grupo os cinco irmáns chamado “Un soño cumprido”. Ao final foron tan famosos coma a Torre de Londres. Blanca Gegunde Fernández (2º ESO )
Non sei que podo facer, debería devolverlles os cartos, pero, de onde carallo os podo sacar? Non llelo podo dicir, para a próxima cóntolles que me deixen cartos para comprar roupa, que senón o botellón é unha merda...A gloria duroume pouco, catro horas de festa e vinte e catro e agora arrepentíndome, que podo facer...? Necesito un vaso de auga, pero se saio preguntaranme que onde van os cartos e...ADEUS á festa. Non sei, non sei,non sei...Consultareino coa almofada, non teño nada claro. (De un rapaz que lle roubou aos seus pais cartos para a bebida do botellón) Paula Álvarez García (2ºESO) Isto todo é un rollo… todas as semanas o mesmo… o mesmo levantarse e ter que ir ao lugar que máis odio. Só quero volver ao verán, a aqueles días nos que todo era diversión… espertar e ver o mellor da túa vida, os meus queridos amigos. A tal punto síntome mal… síntome aburrida, todo transcorre entre libros e por encima una morea de exames… todo está mal, non quero isto, só quero volver aos días de diversión, tardes na piscina e merendas cos mellores amigos, aqueles días de estar ata as dúas da madrugada de festa, escoitando música ou mesmo xogando ao escondite. Boto iso de menos… síntome agobiada, supoño que como a maioría da xente a estas alturas. Chegar á casa coa ilusión de xogar coa miña irmá e ir ver a miña querida avoa… mais non podo… teño que sentarme diante desa noxenta mesa e poñerme a facer contas ou mesmo estudar unhas vinte páxinas de sociais… sinto un enorme asco a iso. Quero estar cos meus avós, que me abracen e me digan o guapa e riquiña que son… xogar coa miña irmá ata deixarlle gañar a ela… o cumpre do meu pai, felicitalo e tirarlle das orellas tanto ata que me canse, e só temos que estudar, sei que estudar me vai servir, e moito, pero é necesario todo esto? Boto de menos o que máis quero. Nerea López García (2ºESO) Se tivera as tardes entre os dedos diría que teño días azuis nos meus atardeceres que levo como un tesouro sensacións que son tan miñas aínda que as tempestades pasen polo meu corazón non sucumbo á crenza que teño do meu amor este é caprichoso inconstante, salta coma un rapaciño por calquera parte, falo do amor, fixo parte de min creceu na miña alma. Carlota Yepes Pereira (2ºESO) Foder, dous anos indo aos seus concertos e non poder ni tocalos, pasarame todo o puñeteiro día pensando neles. Every body want to steal my girl… todo o día coas cancións na cabeza e chorando cada vez que os escoito e non poder estar con eles nin un segundo. Carlota Yepes Pereira (2ºESO) El non pensa en min…por que o sei…e eu pensando todo o puto día nel… sei que nunca se vai fixar en min… vai ser imposible estar algunha vez conel… para EL é coma se non existise….un ser insignificante neste puto mundo. |
TALLER DE CREACIÓN LITERARIA DO IES DE BECERREÁCreado para o alumnado do noso Instituto que queira subir á nosa REBOLA e coma a CURUXA, crear un bonito sonido nocturno escribindo o que lle guste.. Arquivos
June 2018
Categorías |