Non sei que podo facer, debería devolverlles os cartos, pero, de onde carallo os podo sacar? Non llelo podo dicir, para a próxima cóntolles que me deixen cartos para comprar roupa, que senón o botellón é unha merda...A gloria duroume pouco, catro horas de festa e vinte e catro e agora arrepentíndome, que podo facer...? Necesito un vaso de auga, pero se saio preguntaranme que onde van os cartos e...ADEUS á festa. Non sei, non sei,non sei...Consultareino coa almofada, non teño nada claro.
(De un rapaz que lle roubou aos seus pais cartos para a bebida do botellón)
Paula Álvarez García (2ºESO)
Isto todo é un rollo… todas as semanas o mesmo… o mesmo levantarse e ter que ir ao lugar que máis odio. Só quero volver ao verán, a aqueles días nos que todo era diversión… espertar e ver o mellor da túa vida, os meus queridos amigos. A tal punto síntome mal… síntome aburrida, todo transcorre entre libros e por encima una morea de exames… todo está mal, non quero isto, só quero volver aos días de diversión, tardes na piscina e merendas cos mellores amigos, aqueles días de estar ata as dúas da madrugada de festa, escoitando música ou mesmo xogando ao escondite. Boto iso de menos… síntome agobiada, supoño que como a maioría da xente a estas alturas. Chegar á casa coa ilusión de xogar coa miña irmá e ir ver a miña querida avoa… mais non podo… teño que sentarme diante desa noxenta mesa e poñerme a facer contas ou mesmo estudar unhas vinte páxinas de sociais… sinto un enorme asco a iso. Quero estar cos meus avós, que me abracen e me digan o guapa e riquiña que son… xogar coa miña irmá ata deixarlle gañar a ela… o cumpre do meu pai, felicitalo e tirarlle das orellas tanto ata que me canse, e só temos que estudar, sei que estudar me vai servir, e moito, pero é necesario todo esto? Boto de menos o que máis quero.
Nerea López García (2ºESO)
Se tivera as tardes entre os dedos diría que teño días azuis nos meus atardeceres que levo como un tesouro sensacións que son tan miñas aínda que as tempestades pasen polo meu corazón non sucumbo á crenza que teño do meu amor este é caprichoso inconstante, salta coma un rapaciño por calquera parte, falo do amor, fixo parte de min creceu na miña alma.
Carlota Yepes Pereira (2ºESO)
Foder, dous anos indo aos seus concertos e non poder ni tocalos, pasarame todo o puñeteiro día pensando neles. Every body want to steal my girl… todo o día coas cancións na cabeza e chorando cada vez que os escoito e non poder estar con eles nin un segundo.
Carlota Yepes Pereira (2ºESO)
El non pensa en min…por que o sei…e eu pensando todo o puto día nel… sei que nunca se vai fixar en min… vai ser imposible estar algunha vez conel… para EL é coma se non existise….un ser insignificante neste puto mundo.