O RANCHIÑO ESCURRIDIZO
de Arturo Díaz Becerrea e Ainhoa Fernández Castro
Lulu, era un pequeno ranchiño, que vivía na granxa onde veu ao mundo. Moitos dos animais que vivían alí, falábanlle doutros lugares, lugares moi fermosos nos que as granxas eran grandes, a comida abundante e variada e había outras moitas cousas marabillosas. Lulu, aínda que estaba contento alí, sempre sentiu como se algo o chamase fóra daquel lugar. O dono da granxa, Xamón, non os coidaba todo o ben que era de esperar xa que a maioría do tempo pasábao arranxando e poñendo a punto o seu Jhon Deere, un tractor de cor verde e amarelo co que traballaba as súas terras. Para el era o máis importante da granxa, todo xiraba entorno o John Deere: lavábao, encerábao, engrosábao... sempre a punto para que non tivera ningún fallo.
Xamón era vexetariano pese ao seu nome, só comía froitas e verdura que el mesmo cultivaba nas súas terras coa axuda do seu querido tractor. Non era como os outros vexetarianos que non comen nada de carne por non matar os animais, senón que sentía repulsión cara estes alimentos tamén polos animais dos que procede.
Contaba a súa nai que dende pequeno cuspía o xamón cocido que foi o primeiro contacto que tivo coa carne. Morder, ulir, ou só tocar un pequeno anaco, facíalle vomitar e marearse, isto non quería dicir que fora un mal granxeiro, nin moito menos, o problema era esa repulsión que seria a que sentía cara á carne e Lulu e os demais notábano pero tiñan medo ao descoñecido, non entendían a falta de coidados do granxeiro e como se esmeraba e deixaba tanto tempo ao seu Jhon Deere.
Así pasaban os días, e mesmo os seus veciños non entendían o que Xamón facía e como descoidaba aos seus animais. Lulu que sempre nos seus pensamentos soñaba cunha vida mellor e con descubrir novos lugares, comezou a pensar como podían escapar de alí: o mellor momento era durante a noite cando todo está tranquilo e o tractor gardado no garaxe e non aparcado na porta de saída para impedir que fuxiran. Só tiña que esperar un despiste do granxeiro coa fechadura.
Pasaron uns días e por coidar o seu tractor, non se recordou de pechar a porta da granxa. Lulu esperou a que non houbera ningunha luz acesa. E esquecendo os seus medos saíu correndo do lugar onde non se sentía coidado nin querido, pensando en vivir novas e mellores aventuras.

A DESEXADA LIBERDADE
Marco Pérez Fernández
Érase unha vez, nunha afastada e pouco habitada aldea, vivía un vexetariano amargado, solitario e egoísta que
case non se relacionaba con ninguén. A pouca relación que tiña era co seu tractor, un John Deere ancián cansado de ser utilizado e maltratado case diariamente polo seu dono, o vexetariano malvado, ou así era como o chamaban na aldea, pola mala fama que tiña.
O vexetariano vivía nunha casa pouco coidada, xa que o único que lle interesaba era dispoñer dunha gran horta na que plantar todo tipo de froitas e verduras para alimentarse. O vexetariano malvado detestaba todo tipo de animais porque pensaba que eran tóxicos e transmitían enfermidades. Todos os días, o vexetariano dedicábase a traballar na horta e escravizar o seu John Deere para que el tamén traballase. Empregábao todos e todos os días a pesar do esgotamento e enfermidade que tiña o pobre tractor, que se queixaba día tras día ao seu dono pero nunca obtiña resposta, só burlas e humillacións. O John Deere soñaba coa súa liberdade e con que alguén lle dera o seu merecido ao vexetariano malvado.O John Deere o único salvamento que tiña eran as conversas co seu mellor amigo, o porquiño aventureiro, con quen botaba as poucas horas libres que tiña. O John Deere desafogábase co seu mellor amigo e contáballe todas as calamidades que lle facía pasar o seu dono malvado (nin sequera se molestaba en pasarlle a ITV, nin facerlle o mantemento, dáballe pouco combustible, non lle cambiaba as rodas, etc.)
Un día o porquiño, como era tan aventureiro, non lle gustaban as inxustizas e estaba cansado de ver ao seu mellor amigo esgotado, quixo levar a cabo a vinganza: un día pola noite, cando o malvado vexetariano estaba aínda durmindo, entroulle na horta e fozoulle todas cantas verduras alí había. Ademais disto colocoulle trampas en toda a horta, para que así caese nos buratos e non conseguise saír.
Cando por fin espertou o vexetariano, ao John Deere esperábao outro día máis de sufrimento; sobre todo despois de que o seu dono vise a horta completamente fozada e sen verduras. O malvado vexetariano, enfurecido camiñando pola horta, caeu nunha das trampas feitas polo porquiño e cando por fin conseguiu saír, maltratou aínda máis ao pobre tractor obrigándoo a arrincar todas as árbores da aldea para poder plantar el os seus alimentos.
O porquiño aventureiro, inimigo das inxustizas, decidiu continuar coa súa vinganza e acabar por fin co malvado vexetariano. Coa axuda de todos os animais da aldea, esnaquizáronlle aínda máis a horta e a casa, para que deixase dunha vez en paz ao seu mellor amigo.
Entre todos os animais conseguiron manter encerrado para sempre ao vexetariano malvado nunha casa abandonada. Así puideron todos axudarlle a escapar ao Jonh Deere, quen por fin cumpriu o seu único soño: conseguir a liberdade.
O John Deere, agora tamén aventureiro, e máis o seu amigo o porquiño aventureiro, viviron felices o resto da vida viaxando polo mundo enteiro.